23 de abril de 2014

80 MILLONES DE EUROS

Máis de 80 MILLÓNS DE EUROS a investir nunha mal chamada circunvalación á cidade de Pontevedra, con principio e final, pero sen continuidade vial, facendo dela un investimento innecesario e millonario en época de recortes que nos afectan a todos, pero mais directamente a sectores que cunha economía de subsistencia non saben como chegar a final de mes. Quizais o destino destes 80 MILLÓNS DE EUROS debería de ser outro? É necesaria unha obra destas características con principio e fin, pero sen continuidade vial? É necesaria unha obra de máis de 80 millóns de euros sen un aproveitamento claro? É necesaria unha obra que non achega solucións e se problemas ás bisbarras afectadas? Podemos permitirnos este luxo de máis de 80 millóns de euros? 80 millóns de euros dan para formular unha morea de preguntas e para emendar unha morea de precariedades sociais.

Miles de preguntas poderíanse formular os autores e promotores deste nefasto proxecto que nace, como sempre, de mans que obvian a vida e realidade rural dunhas bisbarras que durante séculos viviron inmersas no esquecemento e que agora se ven invadidas por noiros de mais de 60 metros que deixan sen rego as súas terras, erradican especies endémicas, deforestan carballeiras, cegan minas de rego, acernan rutas ancestrais avalándose nun informe de impacto ambiental, realizado curiosamente, tempo despois de que os terreos xa foran expropiados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario