30 de abril de 2014

'Salvemos a Fracha' é unha plataforma veciñal

'Salvemos a Fracha' é unha plataforma veciñal constituida co fin de frear o proxecto da A-57 e defender o entorno natural e cultural do monte da Fracha, un dos máis Importantes que ten Pontevedra, e dos terreos afectados polo trazado dunha autovía paralela a A9.

Aínda que naceu das inquedanzas dos vecinos de Pintos (Marcón), recolle unha reivindicación que afecta a outras poboacións e colectivos dos concellos de Pontevedra e Vilaboa, ós que fai un chamamento para que compartan a loita.

O trazado da A-57 que está en fase de exposición pública do seu Informe de Impacto Ambiental conleva, entre outras, as seguintes consecuencias das que 'Salvemos a Fracha' considera que vostede tamén é afectado directo ou indirecto:

- O proxecto propón a construción dun tramo de autovía entre A Ermida (Marcón) e Vilaboa que formaba parte dun proxecto máis amplo de
infraestrutura de 64 quilómetros que comunicaría a A-52 (Vigo-Ourense) en Ponteareas coa AP-9 no nó de Curro (Barro). O Ministerio de Fomento suprimiu esa autovía global e mantén tan só os 6,2 quilómetros Vilaboa-A Ermida. Este tramo illado perde o obxectivo co que se formulaba a autovía inicial, como vía alternativa sen peaxe á AP-9, de tal maneira que resulta INNECESARIO E INÚTIL.

- O proxecto publicitase agora como “circunvalación de Pontevedra”, pero non é como tal unha circunvalación, senón un CORREDOR, porque nin rodea a cidade nin permite ir de Marcón a Tomeza, de Tomeza a Bértola ou de Bértola a Figueirido, senón que ten unha única entrada e saída en Vilaboa e A Ermida, sen enlaces intermedios. O que non lle da ningún servicio ós Pontevedreses, xa que teñen que ir (por carretera) ata un dos extremos para acceder a ela.

- O proxecto perde a súa razón de ser ante a inminente construción da rolda de Pontevedra, que sí actuaría de circunvalación ao unir o nódo Marco con Montecelo e Príncipe Felipe.

- A construcción de éste corredor supón un dispendio de máis de 84 millóns de euros dentro dun contexto de crise económica e déficit
público que levou consigo drásticos recortes noutros sectores como o sanitario, educativo ou de investigación científica. O presuposto destinado a esta autovía innecesaria podería destinarse a outras partidas máis necesarias socialmente.

-Tendo en conta a progresiva pérdida de tráfico da AP-9 nos últimos 6 anos, si lle sumamos a competencia dun novo vial, podería levar ó futuro rescate da mesma, como está ocurrindo noutros puntos de España, onde a Administración Española (promotora do vial que nos ocupa) está efectuando rescates de autopistas de Peaxe. Ese orzamento e posible rescate poderíase evitar coa liberación da peaxe da AP-9 entre Vigo e Pontevedra, de tal maneira que axilizaría a comunicación entre Vigo e Pontevedra e sí levaría consigo beneficios para todos os cidadáns de Pontevedra e Vilaboa, así como doutros concellos do ámbito.

- O proxecto ten un impacto ambiental moi severo, que provoca un deterioro irreparable da contorna de A Ermida, Pintos, Tomeza e varias parroquias de Vilaboa e a perda de elementos de interese e riqueza patrimonial, así como un impacto paisaxístico difícil de valorar ó longo de todo o trazado. Todos eles son lugares de esparcimento non só para os propios residentes na zona, senón de todo Pontevedra. (Rutas de sendeirismo e ecuestres, montain bike, motocross, rallies…)

- Durante a tramitación do proxecto, o Ministerio de Fomento ocultou información ignorando cuestións de fondo e omitindo aspectos ambientais básicos como as importantes afeccións sobre o patrimonio histórico. Vense afectados o Camiño de Santiago e a Vía Romana XIX ó seu paso por Vilaboa e o camiño histórico Camiño Real entre Ribadavia e Pontevedra ó seu paso por Marcón.

- O trazado leva por diante acuíferos e minas dos que depende o abastecemento de auga de varios lugares das parroquias afectadas. Temos constancia mediante un proxecto técnico independiente, realizado no lugar de Pintos, que o informe de impacto ambiental exposto polo Ministerio de Fomento non se corresponde coa realidade.

- O trazado resulta agresivo para a propia coformación dos núcleos de poboación polos que pasa, xa que suporá construir taludes de 60 e 30 metros de alto(que equivale a un edificio de 17 pisos), segundo as zonas, ao lado das propias viviendas, dividindo en dous lugares que ata agora convivían como unha única unidade e illando parte dos veciños.

- As infraestruturas deixarán consecuencias impredecibles en canto a futuras inundacións, anegamenos e desprendementos de terra ao longo de todo o trazado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario