10 de maio de 2014

‘Salvemos a Fracha’ fará ver as súas reivindicacións na ‘Subida Cidade de Pontevedra’


Pontevedra, 9 de maio de 2014.- A plataforma veciñal ‘Salvemos a Fracha’ fará acto de presencia durante a fin de semana do sábado 10 e o domingo 11 de maio na celebración da ‘Subida Cidade de Pontevedra’ para poñer de manifesto a súa oposición ao proxecto da autovía A-57 e a pedida da súa retirada.
Os afectados instalarán postes e pancartas informativas ao longo de todo o percorrido do carreira para que os convocantes, participantes e público do acto deportivo coñezan a problemática deste proxecto,do que está pendente de aprobación o estudo de impacto ambiental do proxecto Vilaboa-A Ermida.
Con este acto reivindicativo ‘Salvemos a Fracha’ ten o obxectivo de trasmitir a súa postura contraria a este proxecto en canto que supón un gasto de máis de 84 millóns de euros para crear una infraestructura viaria de tan sólo 6,2 quilómetros que resulta inútil e innecesaria para os veciños de Pontevedra e os concellos colindantes. A plataforma propón que ese orzamento se adique a gastos sociais máis necesarios na actualidade e á liberalización da peaxe da AP-9, de tal maneira que axilizaría a comunicación entre Vigo e Pontevedra e sí levaría consigo beneficios para todos os cidadáns.
A autovía proxectada non é unha circunvalación como se ten anunciado, senón un corredor de catro carrís ao que só se pode acceder polos seus dous extremos en Vilaboa e A Ermida (Marcón), pero sen dar acceso a ningunha das poboacións intermedias das catro parroquias que atravesa: Figueirido, Bértola, Tomeza e Marcón.
O trazado ten un impacto ambiental severo na fauna e flora da ladeira da Serra da Fracha, na hidrografía de dous afluentes do río Gafos e no patrimonio arqueolóxico da zona. Ademáis, supón construir taludes de 60 e 30 metros de alto (que equivale a un edificio de 17 pisos) ao lado das viviendas, dividindo en dous as poboacións, e terá un impacto paisaxístico irreversible en zonas como A Fracha.


Ningún comentario:

Publicar un comentario