3 de xullo de 2014

Pontevedra Viva 19-06-2014

As hortas rurais múdanse por un día á Peregrina para protestar polo trazado da A-57




A Praza da Peregrina converteuse este xoves nunha horta improvisada. Veciños das parroquias afectadas polo trazado que terá a futura A-57 quixeron mostrar á cidadanía pontevedresa como son as hortas de cultivo que se poden atopar por todo o rural. Todas elas se verán afectadas, segundo Salvemos a Fracha, polo "impacto severo" que este novo vial terá nos municipios de Pontevedra e Vilaboa.
Estes veciños, que habilitaron as súas hortas no medio da praza, explicaron como vai influír nelas a autovía e, en especial, a afectación da A-57 na hidroloxía da zona. O trazado, denuncian, leva por diante acuíferos e minas dos que depende o abastecemento de auga de varios lugares das parroquias afectadas, tanto os de consumo humano como os empregados nos regadíos e tamén se verán afectados regatos e dous afluentes do río Gafos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario