16 de xuño de 2014

‘Salvemos a Fracha’ súmase á Marcha da APDR

A plataforma ‘Salvemos a Fracha’ súmase á Marcha contra Celulosas que organiza a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) o vindeiro sábado 21 de xuño.
O colectivo apoia as reivindicacións desta mobilización cidadá, acudirá á cita prevista para as 19.30 horas nas alamedas de Pontevedra e Marín e fai un chamamento a todos os seus membros e á cidadanía para que convirta a Marcha nunha expresión multitudinaria do sentir da cidadanía contra a permanencia do complexo industrual de Lourizán.
'Salvemos a Fracha' é unha plataforma veciñal constituida co fin de frear o proxecto da A-57 e defender o entorno natural e cultural do monte da Fracha, un dos máis Importantes que ten Pontevedra, e dos terreos afectados polo trazado dunha autovía paralela a AP-9. A APDR xa non pode frear a instalación de ENCE e Elnosa de Lourizán, pero sí loitar contra a súa permanencia e dende o noso colectivo manifestamos o apoio das súas reivindicacións e aplaudimos a súa loita durante as dúas últimas décadas.

A APDR é un dos colectivos que, ao igual que ‘Salvemos a Fracha’ presentaron alegacións coincidentes contra o proxecto da A-57. Tamén alegaron Vaipolorío, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a Asociación do Lobo, que, ademáis, amosaron o seu apoio ás nosas reivindicacións. A plataforma agradece o seu respaldo, así coma o doutros colectivos que o teñen expresado de forma pública como a Mancomunidade de Comumidades de Montes de Pontevedra, a asociación Defende o Monte Pituco, o colectivo Espazo Ecosocialista e comunidades de montes e veciños de varias parroquias de Pontevedra e Tomeza.


Ningún comentario:

Publicar un comentario