3 de xullo de 2014

A plataforma pontevedresa "Salvemos A Fracha" 

leva a horta á cidade para manifestarse en contra da futura A-57




Queren informar de todo o que, segundo eles, se vai perder de rural e de monte se Fomento contrúe a prevista autovía A-57. Din que o corredor, no que se investirán máis de 80 millóns de euros é un antentado contra o medio natural, inútil e innecesario. 

Salvemos a Fracha, non á A-57. Así, opóñesen ao trazado da futura autovía que proxecta o Ministerio de Fomento e que apoiou o pleno do Concello de Pontevedra. 



"Todos nós estamos tocados. Baixamos con todo isto ao centro da cidade de Pontevedra, para exemplificar que toda esa horta, ese monte, se pode perder. Se metemos o monte entre asfalto e trincheiras, que nos vai quedar...".

"Hai un treito non que está proxectado un talude de 60 metros de alto, e uns cen metros de profundidade, porque estamos falando dunha vía de 4 carrís. É dicir, como un edificio de 17 plantas".

"A A-57 partiría o monte. A xente de a pé, os veciños, os sendeiristas, os ciclistas... Todos saben da súa beleza. Podes ver 360 graos de monte, de rías, de mar... Acabar con iso é unha barbaridade".

"Todo o treito nacería no nó do Curro, iría ata Vilaboa e de aí a Cofurco".

Esta plataforma veciñal di que a A-57 atenta contra o rural e o monte, contra moitas especies autóctonas protexidas, en perigo de extinción, que suporá a desaparición dos acuíferos, minas de augas e fontes, imprescindibles para o consumo e o regadío. 

"Pensamos que a A-57 amais, non liberaría tampouco o chamado trárico pesado da cidade. Amais non chega ata o polígono de Marín, déixao fóra, sen servizo".

Afirman que a infraestrutura é inutil e innecesaria e propoñen como alternativa a liberalización da autoestrada AP9. 

"Pero o problema remataría simplemente liberalizando a autovía Vigo Santiago, a AP-9. Solucionaríase a papeleta. Estariamos os 84 millóns de euros, máis outros 2 millóns que se gastarán en vixilancia, máis todo o que haxa que pagar polas expropiacións... Porque din 84 millóns de euros, pero ese é só o orzamento inicial, que xa se sabe que logo sempre acaba sendo moito máis".

Seguen recollendo sinaturas, mentres esperan unha resposta ás alegacións presentadas en abril a Fomento. Nas últimas semanas tamén as presentaron, entre outros: As asociacións pola defensa da ría, Vaipolorío, O Lobo, ou a Soc. Galega de Historia Natural. Afirman que a futura A-57 non só atenta contra o patrimonio de milleiros de familias, senón contra o patrimonio económico natural de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario