16 de xuño de 2014


1 comentario:

  1. É común ouvir persoas, tan falta de sensibilidade como de coñecemento, falar de infraestruturas, instalacións incómodas ou esteticamente pouco afortunadas, falar e dicir “ que o leven pal monte, que alí non amola” ( será que os do rural somos máis brutos), pero dende aquí e agora, quero apelar á sensatez e á reflexión: que rural queremos? Ou seica non queremos rural ? Que monte queremos? Ou seica non queremos monte? Entendo que a cidadanía pouco informada e aparentemente nada afectada por ese trazado, non opine ou nos castigue coa súa indiferenza pero aproveito este espazo para facer un chamamento á cordura, ao sentido común: pagaremos entre todos e todas esta barbaridade con impostos, rescatando autopistas e outros sen sentidos, pero, e sobre todo, o peor quedará para sempre: a mala consciencia ( seica tristeza) de non ter defendido un patrimonio de incalculable valor: o futuro da nosa xente. No nome do progreso, da sostenibilidade, da sensatez, desbotemos ese corredor innecesario. Sabémolo, hai alternativas e se alguén ten aquí os pés na terra, somos nós, “os e as do rural”; as persoas que vivimos, traballamos e gozamos dunha forma de vivir tan lexítima como calquera outra.
    Loita, ilusión, esperanza: salvemos A Fracha.

    ResponderEliminar