23 de abril de 2014

LA EVALUACIÓN AMBIENTAL DEL PROYECTO DE LA AUTOVÍA A-57 TRAMO: VILABOA-A ERMIDA


Unha vez estudado o trazado definitivo de A-57 (a mal chamada circunvalación de Pontevedra) e vendo as zonas expropiadas para esta, a plataforma de afectados pola vía denuncia mediante novas alegacións, que os habitantes das zonas da Ermida, Pintos, Tomeza Vilaboa se verán seriamente prexudicados pola deterioración irreparable do ámbito e polo impacto severo de especial gravidade no patrimonio artístico e etnográfico nos seus dous extremos: ao sur, en Vilaboa, sobre o Camiño de Santiago e a Vía Romana XIX e ao norte no lugar de Pintos sobre o Camiño Real de Ribadavia (Ruta dos Arrieros).

Outro motivo de gran preocupación é o problema de abastecemento da auga, a degradación dos acuíferos e das minas das cales dependen en boa medida a maior parte dos veciños e que serán suprimidas co trazado.

Non obstante non serán os únicos afectados por esta prescindible obra xa que todo o ecosistema da zona, coas súas numerosas minas de auga, regatos e pequenas agrupacións de carballos conforma o hábitat ideal de determinados anfibios e plantas algúns deles en perigo de extinción.


O mércores 23 de Abril presentáronse as alegacións pola recien creada Plataforma nas oficinas do Ministerio de Fomento.

Descargar documento

Ningún comentario:

Publicar un comentario