Plataforma

Creada a Plataforma de veciños: Salvemos A Fracha


Plataforma de veciños: Salvemos A Fracha.

Constitúese en Pintos, Marcón (Pontevedra), o 21 de abril de 2014 as 18:00 h. a Plataforma de veciños: Salvemos A Fracha.

A intención da mesma será fundamentalmente, frear o proxecto do trazado da mal denominada circunvalación de Pontevedra A-57, defender o entorno natural e cultural da Fracha e dos terreos afectados e, por último, achegar ao conxunto dos cidadáns pontevedreses a sensibilidade e preocupación que nos move a crear esta plataforma.

A Plataforma xorde da necesidade de atopar entre os veciños  puntos de encontro, para tratar, organizar e propoñer, a través da representación da directiva e do resto dos constituíntes, todo tipo de actos informativos e reivindicativos relacionados coa protección dos lugares afectados polo trazado da vía. A única condición para a participación na mesma  é o respeto a todos os compoñentes e a defensa dos obxectivos que pretende a Plataforma.

Poderanse incorporar outros colectivos sociais e asociacións, que acepten os principios e fins polos que se crea dita plataforma, mediante adhesión ao documento anexo a esta acta fundacional.
O contido dos eventos, propostas e reivindicacións no nome da Plataforma, deberán ser expostas polas persoas designadas por todos os sectores representados na mesma. As decisións deberán ser tratadas de forma colexiada, sempre co fin de lograr os obxectivos do colectivo, previo coñecemento dos seus compoñentes.

A transparencia das iniciativas e formulacións, impedirá intencións que favorezan a un grupo  determinado.

A Plataforma de veciños: Salvemos A Fracha.constitúese como un movemento apartidista, pluralista, incluinte, equitativo e respectuoso coas opinións dos que formen parte da mesma.


O trazado da A-57 que está en fase de exposición pública do seu Informe de Impacto Ambiental conleva, entre outras, as seguintes consecuencias das que 'Salvemos a Fracha' considera que vostede tamén é afectado directo ou indirecto:

- O proxecto propón a construción dun tramo de autovía entre A Ermida (Marcón) e Vilaboa que formaba parte dun proxecto máis amplo de infraestrutura de 64 quilómetros que comunicaría a A-52 (Vigo-Ourense) en Ponteareas coa AP-9 no nó de Curro (Barro). O Ministerio de Fomento suprimiu esa autovía global e mantén tan só os 6,2 quilómetros Vilaboa-A Ermida. Este tramo illado perde o obxectivo co que se formulaba a autovía inicial, como vía alternativa sen peaxe á AP-9, de tal maneira que resulta INNECESARIO E INÚTIL.

- O proxecto publicitase agora como “circunvalación de Pontevedra”, pero non é como tal unha circunvalación, senón un CORREDOR, porque nin rodea a cidade nin permite ir de Marcón a Tomeza, de Tomeza a Bértola ou de Bértola a Figueirido, senón que ten unha única entrada e saída en Vilaboa e A Ermida, sen enlaces intermedios. O que non lle da ningún servicio ós Pontevedreses, xa que teñen que ir (por carretera) ata un dos extremos para acceder a ela.

- O proxecto perde a súa razón de ser ante a inminente construción da rolda de Pontevedra, que sí actuaría de circunvalación ao unir o nódo Marco con Montecelo e Príncipe Felipe.

- A construcción de éste corredor supón un dispendio de máis de 84 millóns de euros dentro dun contexto de crise económica e déficit público que levou consigo drásticos recortes noutros sectores como o sanitario, educativo ou de investigación científica. O presuposto destinado a esta autovía innecesaria podería destinarse a outras partidas máis necesarias socialmente.

-Tendo en conta a progresiva pérdida de tráfico da AP-9 nos últimos 6 anos, si lle sumamos a competencia dun novo vial, podería levar ó futuro rescate da mesma, como está ocurrindo noutros puntos de España, onde a Administración Española (promotora do vial que nos ocupa) está efectuando rescates de autopistas de Peaxe. Ese orzamento e posible rescate poderíase evitar coa liberación da peaxe da AP-9 entre Vigo e Pontevedra, de tal maneira que axilizaría a comunicación entre Vigo e Pontevedra e sí levaría consigo beneficios para todos os cidadáns de Pontevedra e Vilaboa, así como doutros concellos do ámbito.

- O proxecto ten un impacto ambiental moi severo, que provoca un deterioro irreparable da contorna de A Ermida, Pintos, Tomeza e varias parroquias de Vilaboa e a perda de elementos de interese e riqueza patrimonial, así como un impacto paisaxístico difícil de valorar ó longo de todo o trazado. Todos eles son lugares de esparcimento non só para os propios residentes na zona, senón de todo Pontevedra. (Rutas de sendeirismo e ecuestres, montain bike, motocross, rallies…)

- Durante a tramitación do proxecto, o Ministerio de Fomento ocultou información ignorando cuestións de fondo e omitindo aspectos ambientais básicos como as importantes afeccións sobre o patrimonio histórico. Vense afectados o Camiño de Santiago e a Vía Romana XIX ó seu paso por Vilaboa e o camiño histórico Camiño Real entre Ribadavia e Pontevedra ó seu paso por Marcón.

- O trazado leva por diante acuíferos e minas dos que depende o abastecemento de auga de varios lugares das parroquias afectadas. Temos constancia mediante un proxecto técnico independiente, realizado no lugar de Pintos, que o informe de impacto ambiental exposto polo Ministerio de Fomento non se corresponde coa realidade.

- O trazado resulta agresivo para a propia coformación dos núcleos de poboación polos que pasa, xa que suporá construir taludes de 60 e 30 metros de alto(que equivale a un edificio de 17 pisos), segundo as zonas, ao lado das propias viviendas, dividindo en dous lugares que ata agora convivían como unha única unidade e illando parte dos veciños.

- As infraestruturas deixarán consecuencias impredecibles en canto a futuras inundacións, anegamenos e desprendementos de terra ao longo de todo o trazado.








Ningún comentario:

Publicar un comentario