18 de decembro de 2014

15.000 sinaturas piden a Fomento que free a construción da A-57, un novo ‘despilfarro’ sen sentido

Máis de 15.000 persoas asinaron nun mes a petición realizada por 'Salvemos a Fracha' a través da plataforma Change.org para pedir o Ministerio de Fomento que free a construción da autovía A-57 en Pontevedra, un novo ‘despilfarro’ sen sentido.

'Salvemos a Fracha' pide sinaturas a través de Internet para parar a construción deste capricho político, pois non se pode permitir que se malgaste o diñeiro público deste xeito mentres se recorta en Educación e Sanidade. Acompañan a petición dunha carta dirixida á ministra de Fomento, Ana Pastor, pedíndolle que paralice este proxecto e destine os fondos previstos para este á liberalización da autoestrada AP-9.

O colectivo formula que a ministra, veciña de Pontevedra, quere agasallar á súa provincia unha autovía de 64 quilómetros que custarán máis de 1.000 millóns de euros, A-57, que se vende como a alternativa gratuíta á AP-9, pero o que non di o Ministerio é o seu custo social e ambiental.

A nova infraestrutura dividirá en dous pobos como o de Pintos, en Marcón, onde os veciños se encontrarán con noiros de ata 60 metros -o equivalente a un edificio de 17 pisos- que lle impedirán comunicarse coa casa situada xusto en fronte. E destruiranse decenas de traídas de auga e acuíferos usados polos cidadáns tanto para consumo domésticos como para as súas hortas e labores agrícolas.

Esta nova obra provocará ademais un grave impacto ambiental e paisaxístico na Serra da Fracha, un monte con vistas realmente únicas ás Rías Baixas e con especies protexidas como a píntega rabilarga (Chioglossa lusitánica), o anfibio ibérico máis ameazado, e a Succisa pinnafitida, planta incluída no catálogo de especies en perigo de extinción a nivel peninsular.

A petición apoiada por 15.000 intenautas de toda España pode atoparse neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario