2 -septiembre – 2014 Noticias Vigo
A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento continua as súas políticas contrarias a mobilidade sustentábel
http://www.noticiasvigo.es/xunta-de-galicia-e-o-ministerio-de-fomento-continua-suas-politicas-contrarias-mobilidade-sustentabel/
Espazo Ecosocialista situa a A57, as inversións nas autovias de Barbanza
ou Salnes e o proxecto de ampliación de Rande com exemplos de paradigmas do que
non se debe facer.
Outro
ano máis chega o Día sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade,
celebración coa que a UE pretende promover os modos de transporte de menor
impacto e que contribúan a unha mobilidade sustentábel. Este ano o lema é “Unha
rúa mellor é a túa elección”.
Outro
ano máis, Espazo Ecosocialista reitera a denuncia das actuacións das
administracións que teiman en ir na dirección contraria, bordeando a
irracionalidade en moitos casos, na súa cega aposta polas grandes
infraestruturas para o transporte a motor, un grande negocio para as grandes
construtoras e unha ruína para o conxunto da sociedade.
Como
exemplo paradigmático desta denuncia, temos o caso da A-57
Pontevedra-Arcade-Vigo que pretende facer de circunvalación gratuíta de
Pontevedra, ademais de autovía sen peaxe,descorrendo en paralelo coa A-9.
Este
proxecto preséntase no momento que a Xunta de Galicia está a inxectar millóns
de euros en autovías quebradas por falla de tráfico (un 40% menos do previsto)
como son as do Barbanza e O Salnés. Estas autovías construíronse mediante o
modelo concesional de peaxe á sombra, no que as empresas constrúen a autovía a
cambio dun canon que a Xunta debe pagar polo número de vehículos que a
empregan, neste caso até o 2035. Se hai máis vehículos dos previstos, a empresa
ten máis beneficios. Se hai menos, segue tendo beneficios porque a Xunta, ou
sexa a cidadanía, cobre as perdas.
Paralelamente,
anúncian o proxecto de ampliación da Ponte de Rande, na A-9. Por certo,
autoestrada de peaxe que cando estaba a piques de amortizarse no ano 2000 e
poder ser revertida ao patrimonio público, Manuel Fraga e Francisco Álvarez
Cascos acordaron prorrogar a súa concesión por 25 anos máis (ata 2048).
Así,
poderiámonos atopar que, no caso de construírse a A-57, esta restara grande
cantidade de tráfico a A-9 e atopármonos na situación de ter investido centos
de millóns de euros na A-57 e a maiores ter que inxectar outros tantos na
concesionaria da A-9 polo pouco uso da mesma, co engadido de cubrirlle os
custos da ampliación da Ponte de Rande. Un gran exemplo de uso racional dos cartos
públicos. Onde está o beneficio para o conxunto da cidadanía?
Non
precisamos máis autoestradas, nin vías rápidas. Precisamos outro modelo de
transporte. Neste momento crítico da crise sistémica que estamos a padecer, os
investimentos públicos débense facer pensando nun modelo de sociedade
enerxética e ambientalmente viábel e socialmente solidario, no que as
necesidades da cidadanía poidan ser cubertas dende a proximidade dos servizos,
potenciando as redes locais de produción e consumo, poñendo en circulación o
seus recursos económicos para reactivarse economicamente desde a
sustentabilidade.
É
por isto que Espazo Ecosocialista quere facer un chamamento as distintas
Administracións para que desenvolvan una mudanza radical do modelo de
transporte a prol da sustentabilidade, tanto no eido urbano como no
interurbano.
Unha
mobilidade sustentábel significa reducir drasticamente os desprazamentos en
automóbil privado e trasvasalos aos medios ambientalmente máis
sustentábeis . Esixe repensar o entorno urbano e de relación económica e
social, rigor na planificación e traballar directamente coa cidadanía para
apoiala no necesario cambio de paradigma. Só así poderemos desenvolver unha
mudanza dos hábitos de transporte progresiva e ordenada antes de que a
superación do pico do petróleo e o incremento exponencial do seu custo obrigue
a facelo de xeito inmediato e caótico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario