
O colectivo considera un despropósito que se acelerase a contratación do tramo de 6,4 quilómetros da A-57 entre A Ermida (Pontevedra) e Vilaboa cando o proxecto está concibido en sete fases e tan só dunha hai avances en firme. Dos outros tramos non hai ningunha noticia e moito nos tememos que queden sobre o papel e a obra non chegue a completarse nunca, de aí que se vexa como unha dilapidación aínda maior destinar 100 millóns de euros ao primeiro tramo (o presuposto de licitación ascende a 86,31 millóns de euros, aos que hai que sumar as expropiacións e outros contratos menores como dous millóns de euros para a seguridade das obras).
'Salvemos a Fracha' entende aínda menos que se axilizase a tramitación da obra cando nos últimos meses están a aumentar os colectivos sociais e políticos que se opoñen á autovía e a plataforma xa anunciou publicamente a presentación dun recurso xudicial contra o proxecto. O enxeñeiro técnico Anxo Bravo xa rematou o informe elaborado para apoiar o Contencioso-Administrativo e o avogado Jerónimo Escariz está a rematar a redacción da demanda co horizonte de formalizala nun prazo máximo dunha semana.
O recurso que presentará 'Salvemos a Fracha' pedirá que se paralice o proxecto de construción da autovía e a paralización preventiva de calquera obra ou actuación na zona á espera de que o xulgado adopte calquera decisión ao respecto. A plataforma quere evitar que as obras cheguen a executarse antes de que saia a resolución xudicial, para evitar desastres como o ocasionado na estrada O Pino-Bora, cuxas obras foron ilegalizaradas pola Unión Europa cando xa estaban realizadas e o dano xa se causara.
Perdéis el tiempo y el dinero en abogados.
ResponderEliminarLa A-57 se hace SI o SI.
Dedicaros a otra cosa.
Nunca se perde o tempo e menos cando existen argumentos máis que suficientes como para defender o cometido, salvar a Fracha. Dende logo o máis sinxelo sería rendirse ou conformarse pero afortunadamente hai xente que loita dende a verdade e con civismo para defender non so os seus intereses senon os de todos. Torcerlle a cara os problemas non implica que estos se solucionen. Os "abogados" tamén teñen que comer así que de calquer xeito a loita pola Fracha NUNCA será unha "perdida de tempo". Cada quen adícase o que considere mellor, afortunadamente non todos, nin todas consideramos que a loita polo que é xusto sexa perdida de nada sobre todo cando polo camiño se aprende, se intercambian coñecementos, se coñece a xente que aporta novas visións.... e cando ademáis da razón te move a paixón por a defensa do que é xusto, pola defensa do que é de todos, pola defensa da natureza......só se pode gañar.
Eliminar